Fundación Moncho Reboiras
para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Acto nacional en Imo o 12 de agosto

Novas

As Fundación Moncho Reboiras, Terra e Tempo e Galiza Sempre convocan un acto nacional o vindeiro 12 de agosto, en lembranza e homenaxe á figura do militante nacionalista Xosé Ramón Reboiras Noia. Coincidindo co 50 aniversario do asasinato en Ferrol de Moncho Reboiras, as tres Fundación convocan á cidadanía galega, e particularmente a toda a militancia soberanista do país, a asistir a este acto unitario.

 

O acto comezará ás 12h, momento no que se reinaugurará o mural dedicado a Reboiras ao carón do cemiterio de Imo. Ás 12:15h procederase a realizar á ofrenda floral a Xosé Ramón Reboiras, dando paso ás intervencións de Suso Seixo, Lois Ríos e Marisa Vázquez e á actuación musical do cantautor Mini e da cantautora Sés.

 

 


Volver

2025 · Fundación Moncho Reboiras para o estudo e a divulgación da realidade social e sindical na Galiza

Contacto

Política cookies |

Información legal |